Oleiros alerta de chamadas fraudulentas a persoas maiores nas que se suplanta a identidade de Servizos Sociais

ACoruñaXa
O Concello pide extremar precaucións e recomenda comprobar a veracidade das chamadas no teléfono de atención veciñal 981 610 000
OLEIROS chamadas persoas mayores
26 Sep 2025

O Concello de Oleiros emitiu un aviso dirixido especialmente á poboación maior tras detectar chamadas nas que se suplanta a identidade do persoal municipal de Servizos Sociais. Segundo explican fontes municipais, estas comunicacións telefónicas buscan gañar a confianza da persoa receptora para realizar numerosas preguntas, centradas en saber se o veciño ou veciña vive soa.

O caso saíu á luz cando varios veciños alertaron ao Concello do sucedido. Ante esta situación, o goberno local chama a extremar as precaucións e recomenda que, en caso de dúbida, se comprobe de inmediato a veracidade da chamada contactando co teléfono de atención veciñal 981 610 000.

As autoridades municipais insisten en que non se faciliten datos persoais nin información sensible a través do teléfono se non hai garantías absolutas de quen está ao outro lado da liña.

⚙ Configurar cookies
0.0848228931427