Oleiros adxudica a primeira fase das obras de reforma da Escola Infantil A Pardela

ACoruñaXa
As obras realizaranse no verán, para causar os mínimos trastornos posibles. No verán de 2025 procederase coa execución da segunda fase
Imaxe da escola infantil A Pardela en Oleiros
19 Abr 2024

O Concello de Oleiros vén de informar da adxudicación por 344.281,30 euros da primeira fase da reforma integral da Escola Infantil A Pardela, na Urbanización os Regos.

As obras realizaranse no verán, para causar os mínimos trastornos posibles, e consistirán principalmente na renovación da cuberta, fachadas e fiestras.

Mentres que no verán de 2025 realizarase a segunda fase desta reforma integral, que afectaría ao interior do centro: paredes interiores, pavimento, sistema calefactor... Esta segunda fase está valorada en 150.000 euros.

O financiamento da obra, que lle correspondía á Xunta, abordarase coas achegas de dous anos que o Concello fai á escola e unha achega municipal. Non se podían tolerar por máis tempo os evidentes danos que presenta a escola, que forma parte da rede A Galiña Azul.

O edificio, igual que todas as escolas infantís de Oleiros, foi construído polo Concello en 1993. Ten 675 metros cadrados distribuídos nun espazo multifuncional e cinco aulas.

0.041821002960205