Oleiros acolle unha charla sobre o artista Francisco Miguel nas Torres de Santa Cruz este martes 30 de setembro

ACoruñaXa
Coloquio ás 19.30 horas con Jorge Calle, David Lozano e a intervención de Regina de Miguel no auditorio das Torres de Santa Cruz; peche institucional a cargo do alcalde, Ángel García Seoane
OLEIROS charla francisco miguel
29 Sep 2025

O auditorio das Torres de Santa Cruz será este martes, 30 de setembro, ás 19.30 horas, o escenario do coloquio “A vangarda arrebatada: Francisco Miguel e Syra Alonso”, organizado coa colaboración do Concello de Oleiros. A sesión contará cos investigadores Jorge Calle e David Lozano como poñentes principais, coa participación de Regina de Miguel Gila, bisneta do artista, coa presentación de Carmen Rodeja e cun peche institucional a cargo do alcalde, Ángel García Seoane.

Nado na Coruña, Francisco Miguel Fernández Díaz foi pintor, ilustrador, crítico de arte e libreiro vinculado ás vangardas dos anos 30; foi asasinado en 1936 e soterrado nunha fosa común en Bértoa, Carballo. Os seus restos foron exhumados en 2023 e recibirán sepultura en San Amaro o luns 29 de setembro, no marco dun amplo programa de memoria que inclúe exposicións e conferencias sobre a súa obra e a de Syra Alonso. A crítica salientou a súa pulsión surreal e o valor simbólico da súa figura na cultura coruñesa.

⚙ Configurar cookies
0.27140808105469