Oleiros acelera a renovación da rede xeral de auga no centro e nas parroquias

ACoruñaXa
Adxudicada a substitución entre a Quinta Canaima e a rotonda da Pezoca e a piques de contratar o novo conduto da Costa da Tapia
OLEIROS obra auga
29 Oct 2025

O Concello continúa a modernización das redes xerais de abastecemento con obras xa en execución en Montrove e Nós e coa adxudicación da renovación do tramo no centro de Oleiros, entre a Quinta Canaima e a rotonda da Pezoca. Ademais, tras varios meses de espera pola autorización de Patrimonio, o governo local prevé formalizar de inmediato a contratación do novo conduto xeral de entrada de auga situado na Costa da Tapia.

No conxunto destas catro actuacións o investimento municipal supera os 2 millóns de euros, cifra á que se engadirá a substitución do tramo entre o depósito da Edreira e a rúa do Pazo, que xestionará directamente AquaOleiros. A empresa municipal destinará 5 millóns de euros achegados polo Concello a renovar tubaxes de PVC máis antigas nas parroquias de Dorneda, Maianca e Serantes. A rede municipal de abastecemento suma 432 quilómetros e 11 depósitos, e sométese a un proceso continuo de mellora, priorizando os treitos con maior incidencia de roturas, habitualmente os de máis antigüidade.

⚙ Configurar cookies
0.075896024703979