Oleiros abre o luns o prazo de inscrición para as rutas de fin de semana do programa 'Vén e descubre'

ACoruñaXa
A inscrición para a actividade poderá ser telemática ou telefónica
sendeirismo-andaina
27 Xuño 2024

O Concello de Oleiros abre o vindeiro luns 1 de xullo o prazo de inscrición para o programa de excursionismo: 'Sendeirismo de fin de semana: Mulleres na Raia'. As persoas que o desexen poden inscribirse de forma telemática desde o 1 ao 4 de xullo a través da Sede electrónica do Concello.

Para inscribirse de forma telefónica habilitaranse os días 3 e 4 de xullo chamando ao número de teléfono 981 610000.

O 8 xullo publicaranse os listados provisionais de persoas preinscritas. O día do sorteo será o 11 de xullo ás 12.00 horas. As listaxes de admitidos/as estarán expostas o día 12 de xullo.

O 16 de xullo publicaranse as datas de pagamento e a data da reunión de grupo na que e obrigatoria a presenza das persoas admitidas.

Ademais, o programa de excursionismo pode ser consultado a través do seguinte enlace.

 

0.092895984649658