Oito empresas preséntanse para construír a nova senda peonil e ciclista entre Arteixo e Lañas pola AC-552

ACoruñaXa
A actuación, licitada por 865.000 euros, habilitará un itinerario de algo máis dun quilómetro con franxa axardinada de separación, novo alumeado e melloras nunha parada de autobús
ARTEIXO senda bici
27 Jan 2026

A nova senda peonil e ciclista prevista na estrada autonómica AC-552, entre Arteixo e Lañas, entra nunha fase clave: a Xunta recibiu oito ofertas de empresas interesadas en executar esta intervención, licitada cun orzamento de 865.000 euros.

O proxecto contempla un percorrido de algo máis dun quilómetro e busca reforzar a mobilidade sostible e a seguridade viaria, conectando coas beirarrúas xa existentes e contribuíndo á creación dun corredor peonil-ciclista na contorna metropolitana de Arteixo.

Ademais do itinerario para camiñantes e bicicletas (e tamén para patíns), a obra completarase cunha franxa de xardín para separar a senda do tráfico rodado, a dotación de novo alumeado público e a mellora dunha parada de autobús. Unha vez iniciados os traballos, o prazo de execución previsto é de seis meses.

⚙ Configurar cookies
0.076381921768188