O XX Concurso de Fotografía Xurxo Lobato entregou os seus galardóns na Coruña

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu o acto de entrega dos premios da vixésima edición do Concurso de Fotografía Xurxo Lobato, unha iniciativa da Asociación de Amigos do Instituto Monelos que conta coa colaboración do Concello da Coruña. Nesta edición participaron máis de 130 estudantes procedentes de distintos puntos de Galicia.
“Desde o Concello sentimos un profundo orgullo por acoller e apoiar este tipo de proxectos, que promoven a cultura, a igualdade de oportunidades e o ensino público. Porque unha cidade que aposta pola mocidade, pola arte e pola educación é unha cidade máis xusta, máis aberta e máis viva”, sinalou a rexedora.
No acto tamén participaron o fotógrafo Xurxo Lobato; o presidente do xurado, Xosé Antón Fraga; e José Luis Fernández, director de comunicación de Gadis. Asistiron tamén os demais membros do xurado: Patricia Fontanilla, Marcos Sánchez, Lucía Patiño, Xosé Díaz e Xoán Antón Pérez-Lema.
“Vinte anos dan conta dunha traxectoria consolidada, dun proxecto que foi medrando co tempo sen perder nunca o seu espírito orixinal: tender pontes entre o mundo da educación e o da creación artística, e promover entre a mocidade unha ollada crítica, sensible e comprometida coa realidade”, destacou Inés Rey.
O certame ten como obxectivo fomentar a fotografía como forma de expresión artística entre a xente nova, prestixiar o nome do Instituto Monelos e poñer en valor o ensino público.
O Concurso de Fotografía Xurxo Lobato botou a andar no ano 2004, dirixido ao alumnado galego de Educación Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e Escolas de Arte. A Asociación de Amigos do Instituto Monelos, promotora da iniciativa, fundárase un ano antes co propósito de conservar a memoria do centro educativo e apoiar as súas actividades.
Premios do XX Concurso de Fotografía Xurxo Lobato
- 1º premio: "Marcado" de Bruno Álvarez Giménez (IES Santo Tomé de Freixeiro, Vigo), 18 anos.
- 2º premio: "Ahogada en silencio" de Ashlee Sofía Rengifo Hincapié (IES Adormideras, A Coruña), 16 anos.
- 3º premio: "Retrato de artista" de Sarai Fernández Barreiro (EASD Mestre Mateo, Santiago de Compostela), 20 anos.
- Premio especial 20 aniversario á mellor fotografía que reflicte a cidade da Coruña:
"Faro da nosa vida" de Nerea Márquez Díaz (IES Monelos, A Coruña).
Mencións de honra:
- "Luz entre sombras", Alejandro Lorenzo Naya (IES Monelos, A Coruña), 17 anos.
- "Aire", Lucía Bertoa Fernández (EASD Pablo Picasso, A Coruña), 19 anos.
- "Os sentimentos do meu interior", Uxío Rudiño Lorenzo (IES Brión), 16 anos.
Finalistas:
- "Asesinei o amor", Mara Lian Lestón Leis (EASD Pablo Picasso, A Coruña), 19 anos.
- "A hora das novas meigas", Brais Bejerano Rumbo (EASD Pablo Picasso, A Coruña), 19 anos.
- "Tras la ventana", Adriana Navarro Delgado (IES Pedro Floriani, Redondela), 17 anos.
- "Vueltas y vueltas", Guillermo Mallo Rodríguez (IES Francisco Aguiar, Betanzos), 16 anos.
- "Rapa", Emma Arango Branco (IES Adormideras, A Coruña), 16 anos.
- "Sibilina-Perfidia-Vendetta", Ana Salgueiro (IES Sar, Santiago de Compostela), 17 anos.
- "Carmen", Mara Martínez Prado (IES Sar, Santiago de Compostela), 17 anos.
- "Camino al cielo", Sabela Corbelle Insua (IES Agra de Raíces, Cee), 17 anos.
- "Grand jeté", Freja Korsgaard Trigo (CIFP Imaxe e Son, A Coruña), 19 anos.
- "O final do arco da vella", Claudia Comesaña Granja (Escola Imaxe e Son, Vigo), 19 anos.