O Xuvenil B da EDM Fútbol Sala de Ordes métese na liga regular polo título na Primeira Futgal

O Xuvenil B da EDM Fútbol Sala de Ordes deu un paso adiante na tempada ao conseguir a clasificación para a liga regular na Primeira Futgal, unha segunda fase na que o equipo competirá polo campionato tras rematar a fase previa entre os cinco mellores.
A liga regular disputarase nun formato de dúas voltas entre os equipos clasificados e comezará esta fin de semana, do 17 e 18 de xaneiro.
A EDM chega a esta nova etapa con boas sensacións, despois dun inicio de curso no que o Xuvenil B chegou a situarse na cuarta posición tras sete xornadas disputadas, un dato que xa reflectía a progresión do grupo.