O Winter Park e o Winter Circus volverán encher de maxia o Nadal en Culleredo

ACoruñaXa
A explanada do Paseo Marítimo de O Burgo acollerá o parque temático e o espectáculo ‘Tradition. The Origin of the Circus’, con funcións do 5 de decembro ao 11 de xaneiro e entradas xa dispoñibles en liña
CULLEREDO winter park
29 Oct 2025

O Winter Park regresa este Nadal á explanada do Paseo Marítimo de O Burgo, reafirmándose como unha das citas máis agardadas do calendario festivo no municipio. O recinto converterase nun espazo de ilusión e lecer para toda a familia, con atraccións infantís, o tradicional poboado do Nadal e unha zona de postos e ‘food trucks’ que acompañará a programación musical e as actividades ao aire libre.

No interior do parque volverá erguerse a carpa do Winter Circus, un espectáculo que conta coa colaboración do Concello de Culleredo. A nova proposta, ‘Tradition. The Origin of the Circus’, poderá verse do 5 de decembro ao 11 de xaneiro e rende homenaxe ao circo clásico a través da historia dunha moza, neta dun mítico pallaso que non seguiu a tradición familiar, e dun rapaz soñador decidido a converterse no pallaso máis famoso do mundo. O montaxe combina números tradicionais —malabares, equilibristas, trapecistas, pallasos— con recursos escénicos actuais, ademais de música en directo, danza e teatro.

O Winter Circus ofrecerá 25 días de funcións, con dobre sesión os sábados e a maioría dos domingos, en horarios que variarán segundo a xornada: 12.00 h, 17.00 h, 18.30 h e 19.30 h. As entradas anticipadas están xa dispoñibles a través da plataforma Ticketrona, con descontos especiais por compra en liña, e tamén poderán adquirirse na billeteira física os días de función.

⚙ Configurar cookies
0.076548099517822