O vindeiro curso escolar comezará o 11 de setembro e rematará o 20 de xuño

ACoruñaXa | OurenseXa
O calendario rexe para todas as etapas educativas: Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato, FP e ensinanzas de Réxime Especial
curso-escolar-recurso
O curso escolar 2024-2025 comezará o 11 de setembro
28 Abr 2024

O vindeiro curso escolar 2024-25 comezará o día 11 de setembro de 2024 e rematará o 20 de xuño de 2025. Este calendario, que publica o Diario Oficial de Galicia rexe para todas as etapas educativas. No caso de 2º curso de Bacharelato as clases rematarán de acordo coas datas previstas para a avaliación de acceso á universidade, ABAU.

Canto ás vacacións escolares, haberá tres períodos que son o de Nadal, do 23 de decembro de 2024 ao 7 de xaneiro de 2025, ambos inclusive; o do Entroido os días 3, 4 e 5 de marzo de 2025, e o de Semana Santa, do 14 ao 21 de abril de 2025. Tampouco serán días lectivos os declarados festas de ámbito estatal e os festivos oficiais da Comunidade Autónoma así como o Día do Ensino, que se celebrará o 31 de outubro.

A orde de calendario tamén recolle que para o vindeiro curso, as probas de avaliación de diagnóstico fixadas polo Goberno do Estado a través da LOMLOE para 4º curso de Primaria e para 2º de ESO realizaranse entre o 1 e o 11 de abril de 2025.

Canto ao período de adaptación para o alumnado de 4º curso de Educación Infantil,  os centros poden optar por unha incorporación gradual que non se prolongará máis aló do 17 de setembro.

No que atinxe ao servizo de comedor escolar, en todos os centros públicos funcionará desde o 11 de setembro de 2024 ata o 20 de xuño de 2025, ambos inclusive.

0.15966701507568