O VII Festival Rockanroleiros regresa este sábado á vila de Santa Cruz

ACoruñaXa
O evento é de carácter gratuito e contará coas actuacións de Viva Belgrado, Deus Ke Che Crew, Bestas, Awy, Crowded e Atún Blanco
cartel-rockandroleiroa
27 sep 2024

O festival Rockanroleiros regresa este sábado ao barrio de Santa Cruz para festexar a súa séptima edición. Un evento gratuito e pensado para todos os públicos que ofrecerá unha xornada chea de música en directo coa participación de sete bandas que abarcan diversos estilos, desde o rock ata o hip-hop.

Entre os grupos que actuarán atópanse nomes destacados como Viva Belgrado, co seu estilo post-hardcore, e Deus Ke Che Crew, coñecidos polo seu potente rap galego. Ademais, formarán parte do cartel Bestas, Awy, Crowded e Atún Blanco, sendo estes últimos os encargados de poñer ritmo á sesión vermú.

Consulta os horarios do VII Festival Rockanroleiros

0.068085908889771