O VII Concerto de Outono reunirá catro corais na Senra este sábado 8 de novembro

ACoruñaXa
A Lembranza de Sada, Brisas do Mar de Corme-Ponteceso, Santa Eulalia de Donas-Gondomar e Costumes de Bergondo actuarán a partir das 19.00 horas con entrada libre ata completar aforo
BERGONDO concerto corales
Coral Santa Eulalia de Donas-Gondomar
7 Nov 2025

A Senra acollerá este sábado 8 de novembro o VII Concerto de Outono, unha cita da programación municipal do Outono Cultural. O recital comezará ás 19.00 horas e celebrarase no auditorio do Edificio da Senra.

O cartel desta edición está formado pola Coral Polifónica A Lembranza de Sada, a Coral Polifónica Brisas do Mar de Corme-Ponteceso, a Coral Polifónica Santa Eulalia de Donas-Gondomar e a Coral Polifónica Costumes de Bergondo, agrupación anfitrioa.

A organización corre a cargo da Coral Polifónica Costumes de Bergondo co apoio do Concello, no marco da programación cultural municipal. O acceso ao concerto é gratuíto ata completar aforo, como no conxunto das actividades do Outono Cultural deste ano.

bergondo concerto outono
⚙ Configurar cookies
0.07268214225769