O Ventorrillo celebra a X Ruta do Samaín/Halloween con máis de corenta comercios

ACoruñaXa
Desde as 17.30 h, o barrio convida a recoller o plano no ‘Circo do Terror’, percorrer máis de 40 comercios e participar no sorteo de agasallos
A CORUÑA ruta ventorrillo
30 Oct 2025

O barrio do Ventorrillo e a Agra do Orzán ultiman os detalles da décima Ruta do Samaín/Halloween, que se celebrará o venres 31 a partir das 17.30 h con máis de 40 establecementos adheridos. A AVV Ventorrillo organiza unha tarde de rúas cheas de ambiente, convidando as familias a recorrer os comercios e a sumar selos no plano da ruta, que se poderá recoller no ‘Circo do Terror’ instalado no local da entidade veciñal.

A mecánica é sinxela: tras recoller o plano e visitar os negocios participantes, nos que haberá pequenos agasallos preparados. As persoas participantes deberán deixar o plano co nome e un número de teléfono na AVV Plaza do Comercio, entidade que colabora nesta edición. Ao remate da xornada realizarase un sorteo de dous lotes de regalos, un cedido pola AVV Plaza do Comercio e outro pola AVV Ventorrillo. A organización anima a veciñanza a achegarse un ano máis para gozar da ‘terrorífica’ ruta e apoiar o comercio de proximidade.

⚙ Configurar cookies
0.070297002792358