O venres se estrea o programa ‘Biosfera oscura’ no Planetario da Casa das Ciencias

ACoruñaXa
Coincidindo co aniversario da apertura da Casa das Ciencias, o planetario estrea unha viaxe audiovisual desde o interior da Terra ata os confíns da nosa galaxia
Imaxe do Planetario da Casa das Ciencias
30 May 2024

A Casa das Ciencias, da rede municipal de Museos Científicos Coruñeses, presenta este venres 31 (18.00 horas) un novo programa no Planetario, 'Biosfera oscura', un audiovisual que achegará o público asistente ás profundidades da cortiza terrestre para coñecer as formas de vida máis extremas do planeta.

A historia levará as e aos visitantes ás fronteiras do coñecemento nunha viaxe desde o interior da Terra ata os confíns da nosa galaxia, en busca de respostas á gran pregunta: hai vida máis aló do noso planeta?

'Biosfera oscura' está dirixida por Javier Bollaín e conta coa voz de Viggo Mortensen como narrador. Para o desenvolvemento do programa contouse coa participación técnica da Casa das Ciencias e os planetarios de Madrid, Pamplona e Douai (Francia). Ademais, participaron o Parque de las Ciencias de Granada, o Museo de la Ciencia Cosmocaixa (Barcelona) e a Casa de la Ciencia de Sevilla.

O programa conta coa colaboración do Ministerio de Ciencia e Innovación a través da FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía) e o apoio de prestixiosas institucións como o Centro de Astrobioloxía (CAB, CSIC-INTA), a Axencia Europea do Espazo (ESA), o Museo Nacional de Ciencias Naturais (MNCN-CSIC) e o Instituto de Astrobioloxía Europeo (EAI), e forma parte do amplo abano de actividades culturais e formativas impulsadas polo Goberno de Inés Rey desde a rede de museos municipais.

Este sábado 1 de xuño, aniversario da apertura da Casa das Ciencias

A partir deste sábado 1 de xuño, coincidindo co aniversario da apertura da Casa das Ciencias (1 de xuño de 1985), 'Biosfera oscura' incorpórase á carteleira do Planetario, que terá a seguinte programación:

  • 11.30 horas: 'Biosfera oscura' (castelán)
  • 13.00 horas: 'Dinosauros, unha historia de supervivencia' (galego)
  • 17.0000 horas: 'Hazelnuts, na procura do planeta perfecto' (galego)
  • 18.00 horas: Programa en directo sobre o ceo desta época do ano

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17446494102478