O venres abren as preinscripcións para a Coral de Adultos do Conservatorio de Culleredo

ACoruñaXa
A inscrición para formar parte da Coral de Adultos do Conservatorio Municipal realizarase ata o 26 de setembro, cun total de 45 prazas dispoñibles que se asignarán por orde de chegada
Imaxe da Coral de Adultos do Conservatorio de Culleredo
5 sep 2024

O Concello de Culleredo anunciou a apertura do prazo de preinscrición para a Coral de Adultos do Conservatorio Municipal, que comezará o venres 6 de setembro e estará dispoñible ata o 26 de setembro. A actividade, dirixida a maiores de 18 anos, levará a cabo no Conservatorio Municipal os luns e xoves de 10.30 a 12.00 horas.

A oferta está limitada a 45 prazas, que se cubrirán por estrita orde de inscrición, dando prioridade ás persoas empadroadas en Culleredo. Os interesados deberán presentar un impreso específico no Rexistro Municipal, que estará dispoñible no Edificio Municipal de Servizos Múltiples ou no Concello.

As listas provisionais de preinscrición publicaranse o venres 27 de setembro, mentres que as listas definitivas para matricularse estarán dispoñibles o luns 30 de setembro. O período de formalización de matrícula será do 7 ao 11 de outubro, sen custo algún. A lista definitiva de persoas admitidas publicarase o luns 14 de outubro, tanto no Conservatorio Municipal de Música de Culleredo como en Servizos Múltiples e na páxina web do Concello.

0.094056844711304