O veciño máis lonxevo de Miño, Francisco Vázquez del Río, celebra o seu 102 aniversario

O veciño máis lonxevo do Concello de Miño, Francisco Vázquez del Río, celebrou o martes 25 de febreiro, o seu 102 aniversario. Recibiu a visita do alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo.
O rexedor, ademais de manter unha amena conversa co homenaxeado, que goza de moi boa saúde, entregoulle un agasallo en representación do Concello, unha fotografía de ambos na festa de celebración do seu centenario.
"Dá gusto escoitar as súas explicacións de tantos momentos importantes da súa vida, que transcorre nun período importante da historia do noso pobo e do noso país", explicou o alcalde.