O TSXG celebra a xura de 14 xuízas destinadas a Galicia
Este venres tivo lugar na Coruña o acto de e Xura ou Promesa das 14 xuízas destinadas a Galicia e pertencentes á 72ª promoción da Carreira Xudicial, que tivo lugar na sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O acto estivo presidido polo presidente do TSXG, José María Gómez e Díaz-Castroverde e contou coa coa participación do secretario do Goberno do TSXG, Juan José Martín Álvarez. O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes en funcións, Diego Calvo, acompañado polo director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu ao acto e tamén, acudiu a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, que quixo trasladar os seus parabéns ás 14 novas xuízas e sinalou que “sodes a voz representante da xustiza e polo tanto, tedes o deber de asegurar a protección dos dereitos da cidadanía”.
María Rivas tamén aproveitou para destacar a importancia da presenza de mulleres na Carreira Xudicial “hoxe estamos vendo como as mulleres somos capaces de acceder a cargos tradicionalmente ocupados por homes, e todas e cada unha de vos seredes referentes para aquelas nenas que queiran facer dos dereitos humanos a súa profesión”.