O Trail e Andaina Feira do CastroLexítimo de Paderne regresa cunha edición para toda a familia

ACoruñaXa
Unha cita que combina o deporte en plena natureza co espírito festivo da feira tradicional
trail-paderne
1 May 2025

O concello de Paderne quenta motores para acoller a segunda edición do Trail e Andaina Feira do CastroLexítimo, que se celebrará o vindeiro 6 de xullo cun percorrido que combina deporte, natureza e tradición.

A saída terá lugar desde a Capela de Santa Mariña de Esperela, nun evento que ofrecerá propostas para todas as idades e niveis. Os participantes poderán escoller entre un trail de 24 quilómetros, un minitrail ou unha andaina de 10 quilómetros cada unha, ideais para quen queira gozar do entorno de maneira máis relaxada. Os máis pequenos tamén terán o seu momento coa celebración dun pequetrail, cunha distancia adaptada de ata 1.200 metros.

As inscricións están abertas ata o 1 de xullo a través da páxina web www.ccnorte.com.

O Trail e Andaina Feira do Castro-Lexítimo consolídase así como unha cita que combina o deporte en plena natureza co espírito festivo da feira tradicional, nunha xornada pensada para compartir en familia e coa veciñanza.

 

⚙ Configurar cookies
0.17112493515015