O 'Touliñapop Festival 2026' xa ten fecha e volve a Sada con Nashville Pussy, The Lords of Altamont e The Jackets

Sada quenta motores para unha nova edición do 'Touliñapop Festival', que xa ten data marcada no calendario: será o sábado 9 de maio de 2026. O evento, de acceso de balde, volverá converter o paseo marítimo nun punto de encontro para os afeccionados ao rock and roll e ás músicas de guitarras, nunha xornada con varios espazos e programación continua.
O cartel principal de concertos na praza contará coa presenza das estadounidenses Nashville Pussy e The Lords of Altamont, ademais da banda suíza The Jackets. Entre actuación e actuación, Suzie Staysick e Phil Speto encargaránse de manter o ambiente coas súas seleccións musicais.
A programación estenderase tamén ao formato 'Touliñapop na rúa' e incluirá unha sesión vermú no Porto de Sada, a partir das 13.30 horas, con Bee Dee Kay Drives The UFOzzz. Pola tarde, DJ PizarraPop animará a Rúa do Río (na homenaxe ao Moby Dick) para que a música non pare.
Xa á tardiña, a praia de Sada acollerá dous directos: The Fuzillis (18.00 horas) e Brad Marino (19.00 horas). E para pechar a noite, a organización anuncia un guateque desde as 2.00 horas con Diego Thee Blind Crows, El Tigre de Malasia, Ángel Snap, Jokin Misterklin e Juancho Discos Lizard.
O festival está impulsado pola Asociación Cultural Touliñapop, creada en Sada no 2017 co obxectivo de dinamizar a vida sociocultural local, e conta coa colaboración institucional e de diferentes entidades.