O Touliña Pop volve a Sada cos australianos Private Function como cabeza de cartel
O Concello de Sada volve a organizar un ano máis o Touliña Pop Festival, que deu a coñecer este xoves o seu cartel oficial. Deste xeito celebrárase o próximo sábado 11 de maio no Paseo Marítimo de Sada e todos os concertos serán de balde. A edición deste ano conta cunha alineación de artistas de calibre nacional e internacional, sendo cabeza de cartel o grupo de punk australiano, Private Function.
A parte do célebre grupo australiano, tamén actuarán na localidade os estadounidenses The Crawdaddys, coñecidos por ser un grupo de rock de garaxe, e a banda Pat Todd & the Rankoutsiders de punk rock. Todos eles estarán acompañados polos madrileños Los Chicos.
Ademais nesta edición incluírase o apartado de Touliña na rúa, que se celebrará na Rúa da Praia e contará coas presentacións do grupo italiano The Midnight Kings (ás 18.00 h) e o pinchadiscos Rockin' Rub (ás 17. 00 horas). Dutra banda, o festival contará coa presenza dos DJs pontevedrés Diego de la Church, do malagueño Phil Speto e un invitado sorpresa por parte do festival. Tamén haberá unha sesión vermú na Avenida do Porto da man do grupo pontevedrés The Bo Derek´s (ás 13.00 h).