O teatro sobre rodas: bus dende Irixoa para ver o 'Hamlet' do Centro Dramático Galego

O Concello de Irixoa súmase ao programa de mobilidade do Centro Dramático Galego cunha proposta pensada para facilitar o acceso á escena galega: un desprazamento en autobús para asistir á representación de 'Hamlet' no Salón Teatro de Santiago de Compostela.
A actividade está programada para o domingo 12 de abril de 2026. O autobús sairá ás 15.00 horas desde ao lado da Casa do Concello, coa función prevista para as 18.00 horas. Ao remate, a volta está fixada para as 20.15 horas. O prezo da entrada será de 5 euros.
As persoas interesadas deberán inscribirse con antelación, xa que as prazas son limitadas. Pódese facer por correo electrónico en elisa.alonso@irixoa.es, por teléfono no 981 793 001 ou de forma presencial no departamento de Cultura do Concello.