O teatro de Mera acolle este sábado a obra 'Iphixenia na porta do súper'

ACoruñaXa
A obra é unha revisión contemporánea do mito clásico de Eurípides
Imaxe da obra 'Iphixenia na porta do súper''
4 Abr 2024

A Compañía Humana presenta o sábado 6 de abril ás 20.30 horas en Mera a obra teatral 'Iphixenia na porta do súper' de Gary Owen baixo a dirección de Sara Rey.

Dirixida a un público adulto, elenco está conformado por Alba Caneda e terá unha duración de 75 minutos.

As entradas terán un prezo de 4 euros e poñeranse á venda o día da función no propio auditorio a partir das 19.30 horas. Vendéranse ata completar a capacidade da sala.

A obra é unha revisión contemporánea do mito clásico de Eurípides. Unha brillante versión premiada como mellor texto do 2015 nos UK Theatre Awards for Best New Play. Estreada xa en varios países cun éxito rotundo, este emocionante e necesario monólogo fala das consecuencias dos recortes sociais, a través da vida da súa protagonista de clase baixa. Unha personalidade magnética, directa, que nos amos asen filtros e con humor a humanidade que se esconde tras as colas na atención primaria, o recorte de camas hospitalarias, a ausencia de médicos…Unha historia de sacrificio, dignidade e esperanza.

 

 

0.12892913818359