O Teatro Colón acollerá o II Congreso de contratación pública organizado pola Deputación
O Teatro Colón acollerá o 1 e o 2 de abril o 'II Congreso de contratación pública; por unha contratación máis áxil, eficaz, en igualdade e sostible', organizado pola Deputación da Coruña, “co obxectivo de promover unha contratación pública máis axil e eficaz, mais cercana á cidadanía”, según apuntou o deputado, Xosé Lois Penas, “nunhas xornadas que reúnen a profesionais de referencia, tanto do sector público como do privado”.
O evento, dirixido polo deputado provincial de Contratación, Patrimonio e Equipamento, Xosé Lois Penas, e coordinado polo xefe do servizo de Patrimonio e Contratación, Luis Jaime Rodríguez Fernández, servirá de punto de encontro entre administracións públicas, o tecido empresarial e social e a cidadanía. “A colaboración público privada é fundamental para calquera sociedade, e por iso nos empezamos en que todos os axentes formen parte deste congreso”, sinala Penas, “tendo en conta tamén, por suposto, o aspecto social da contratación pública”.
Neste sentido, a igualdade será un eixo transversal na programación de todo o congreso, que abordará tamén outras temáticas como o medioambiente, a diversidade funcional e o urbanismo social, e que contará tamén coa participación de centros especiais de emprego e entidades do terceiro sector. “A contratación pública debe ter en conta ao conxunto da sociedade e aplicar políticas transversais que promovan a igualdade en tódolos sentidos, e tamén outras cuestións sociais como o respeto medioambiental”.
O día 1 de abril ás 19.30 horas haberá tamén un concerto de piano e violonchelo aberto ao todo o público, da man de KEILIN & VILARIÑO.
O 'II Congreso de contratación pública; por unha contratación máis áxil, eficaz, en igualdade e sostible' aspira a ser “o mellor congreso de contratación de todo o estado deste ano”, afirmou o deputado, e tratará, en definitiva, de “permitir que as empresas sexan o motor da economía da provincia, ofrecéndolles as ferramentas adecuadas e implementando unhas políticas públicas máis áxiles, sociais, dinámicas e igualitarias en todos os procesos”.