O teatro chega ao Graxal coa comedia 'Terapia de grupo'

ACoruñaXa
O Local Sociocultural do Graxal acollerá o domingo 23 de novembro, ás 19.00 horas, a representación da compañía Quemaistén Teatro
CAMBRE obra terapia de grupo
23 Nov 2025

O Concello de Cambre convida a veciñas e veciños a gozar dunha nova cita co teatro afeccionado no Local Sociocultural do Graxal. O domingo 23 de novembro de 2025, ás 19.00 horas, está programada a representación da obra 'Terapia de grupo', da compañía Quemaistén Teatro.

A montaxe, de ton humorístico, xira arredor dun grupo de persoas con diferentes manías, fobias e trastornos obsesivos que comparten sesión nunha terapia colectiva, ofrecendo unha reflexión en clave de comedia sobre os medos cotiáns. No elenco figuran, entre outras e outros intérpretes, Olga Chamosa, Servando Filgueiras, María Caaveiro, Ángeles Gabeiras, J. Luis Fernández, David Lorenzo e José Fraga, baixo a dirección de Agustín Bolaños.

A entrada é de balde ata completar aforo, polo que o Concello anima o público a achegarse con tempo suficiente para conseguir praza e desfrutar desta proposta escénica no corazón do Graxal.

⚙ Configurar cookies
0.080510139465332