O teatro As Torres de Santa Cruz (Oleiros) acollerá a presentación do libro de Carmen Torreiro

ACoruñaXa
O evento será o vindeiro xoves 7 de marzo ás 19.00 horas. 'Aprendendo a vivir na túa ausencia' é un conmovedor poemario dedicado ao seu fillo Siegfried, finado o un de marzo de 2019
presentación obra carmen torreiro
2 Mar 2024

A escritora de poesía Carmen Torreiro presentará a súa obra 'Aprendendo a vivir na túa ausencia' no teatro As Torres de Santa Cruz o vindeiro xoves 7 de marzo ás 19.00 horas. No acto intervirán a propia autora, o escritor e editor Xulio López Valcárcel e a psicóloga Alma López Sande.

'Aprendendo a vivir na túa ausencia' é un conmovedor poemario dedicado ao seu fillo Siegfried, finado o un de marzo de 2019. A través destes poemas, a autora comparte unha parte íntima da súa vida: o enfrontamento á angustia pola enfermidade mental dun ser querido e ao sufrimento pola súa perda. Recollen un mundo de emocións, de amor e dor, sentimentos universais que todos compartimos.

Carmen Torreiro traballou de mestra en Salamanca, Zamora e A Coruña, profesora de Lingua e Cultura Española en Besançon, Lille e París, pintora, gravadora, ceramista, escribe desde sempre. Tamén fai teatro e canto.

Como pintora realizou exposicións individuais e colectivas en Francia e en España. Ten obra en organismos oficiais de Francia e de España. Como escritora publicou en revistas e en libros colectivos.

 

 

Cartel da presentación do libro de Carmen Torreiro en Oleiros
0.1904239654541