O teatro As Torres de Santa Cruz acollerá a presentación da obra Canto popular gallego

ACoruñaXa
O autor da obra é Luis María Fernández sendo esta clave para comprender a tradición musical galega
torres-oleiros
22 Mar 2025

O vindeiro martes 25 de marzo ás 19.30 horas, o teatro As Torres de Santa Cruz en Oleiros acollerá a presentación da obra Canto popular gallego, do autor Luis María Fernández Espinosa. Esta edición será comentada polo especialista Manuel Rico Vera, quen profundará na figura deste referente fundamental na historiografía dos cancioneiros galegos de tradición oral.

A presentación será un acto cultural único que contará tamén coa presenza de Rosa García Vilariño, profesora de lingua e literatura galega, e finalizará cunha actuación musical das Pandeireteiras Seixebra, do Grupo de baile e gaitas Santaia.

Canto popular gallego é unha obra clave para comprender a tradición musical galega e o seu impacto na nosa cultura. Manuel Rico Vera, que se ten implicado na normalización da lingua galega desde 1978, será o encargado de guiar a este evento, no que se abordará a importancia desta obra para a nosa identidade cultural.

A cita, de entrada libre ata completar aforo, está aberta a todas as persoas interesadas en coñecer mellor a historia da música galega e a súa evolución. O evento tamén contará con pezas musicais de gran valor que enriquecerán a experiencia do público asistente.

⚙ Configurar cookies
0.32458901405334