O Sindicato Labrego Galego organiza este xoves unha xornada de 'Agroecoloxía para a cidadanía'
ACoruñaXa
O evento será ás 16.30 horas e durante el realizarase unha visita á tenda de alimentos naturais Zocamiñoca da Coruña
21 Feb 2024
O Sindicato Labrego Galego organiza este xoves na Coruña un taller de 'Agroecoloxía para a cidadanía'. O obxectivo da actividade é que a cidadanía coñeza alternativas de produción e de consumo.
Ademais de transmitir a alimentación sostida pola comunidade en clave feminista. O evento será ás 16.30 horas na Avenida da Concordia, 199, A Coruña e durante el realizarase unha visita á tenda de alimentos naturais Zocamiñoca para coñecer aos grupos de consumo como ferramenta de transformación.
Todo aquel interesado en participar na actividade poderá inscribirse a través do seguinte formulario ou chamando ao teléfono 607 609 922.