O sábado 10 de agosto celébranse dúas regatas de traiñeiras en Oleiros

ACoruñaXa
O Club de Regatas Perillo organiza a XXIII e VIIII Bandeira Concello de Oleiros, cunha subvención de 9.985 euros para os premios dos participantes
Imaxe dunha traiñeira en Oleiros
5 Ago 2024

O Club de Regatas Perillo organizará este sábado 10 de agosto a XXIII Bandeira Concello de Oleiros masculina e a VIIII Bandeira Concello de Oleiros feminina. As competicións, que forman parte da Liga Galega de traiñeiras, comezarán ás 17.30 horas e poderán seguirse desde o Parque de Nirvana.

Nesta edición, participarán as dúas tripulacións locais xunto con outros 11 equipos, tanto femininos como masculinos. Para garantir o éxito e apoiar a continuidade deste evento deportivo, o Concello de Oleiros concedeu ao Club de Regatas Perillo unha subvención de 9.985 euros. Esta achega cubrirá o 100% dos premios que recibirán os equipos participantes.

O apoio municipal subliña o compromiso co fomento do deporte e co fortalecemento das tradicións locais, asegurando que a XXIII Bandeira Concello de Oleiros e a VIIII Bandeira Concello de Oleiros sexan eventos destacados no calendario deportivo da Liga Galega de traiñeiras.

0.077754974365234