O rexedor de Culleredo aplaude a suma de forzas dos concellos para reclamar a gratuidade da AP-9

ACoruñaXa
José Ramón Rioboo considera que a Fegamp é o contexto "máis axeitado para poder traballar en conxunto"
reunion_rioboo_paseo_2
5 Mar 2025

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, celebra a decisión do Concello de Santiago de desconvocar a reunión que promovía para este venres 7 e sumarse á convocatoria da Fegamp sobre a petición de gratuidade da autoestrada AP-9. Rioboo defende que a "suma de forzas dos Concellos é o mellor camiño para reivindicar melloras para a cidadanía" e considera que a Fegamp é o contexto "máis axeitado para poder traballar en conxunto".

O rexedor de Culleredo considera "unha gran medida" que o presidente da Fegamp, Alberto Varela, dea un paso adiante para liderar un fronte dos concellos no que poder loitar pola gratuidade da autoestrada e por calquera outra medida que atenúa o impacto da infraestrutura e da concesión no día a día da veciñanza.

Rioboo aposta ademais por impulsar desde a Fegamp foros para abordar outras cuestións comúns que afectan a numerosos concellos. Entre elas, destaca a xestión educativa, polas problemáticas recorrentes para as familias, e a competencia dos conservatorios, unha demanda de moitos municipios que reclaman que a Xunta asuma esta responsabilidade.

"Na política local, os problemas a solucionar son en moitos casos os mesmos e os alcaldes debemos unir esforzos para defender os mesmos dereitos para todos", conclúe Rioboo.

⚙ Configurar cookies
0.17456197738647