O Rañal quenta os fogóns en Arteixo cun gran cocido o 1 de marzo

ACoruñaXa
A A.D.C. O Rañal organiza unha xornada gastronómica con sopa, cocido, sobremesas tradicionais, bebida, café e chupito, con inscrición aberta ata o 24 de febreiro
ARTEIXO cocido
23 Feb 2026

O Entroido tamén se vive á mesa en Arteixo. A A.D.C. O Rañal convoca para o domingo 1 de marzo de 2026 un Gran Cocido coa idea de xuntar á veciñanza nun día de encontro, boa comida e ambiente de confraternidade.

O menú inclúe sopa, cocido, sobremesas tradicionais, bebida, café e chupito. O prezo será de 25 euros para socios e de 30 euros para non socios.

Para participar é preciso anotarse antes do 24 de febreiro. As inscricións poden facerse no local da entidade ou contactando cos teléfonos 657 369 697, Lorena, e 711 766 093, Laura. Dende a organización animan a sumarse á cita e a compartir unha xornada pensada para gozar en comunidade.

0.082559823989868