O Rally da Coruña será do 15 ao 17 de marzo
ACoruñaXa
A cita deportiva suporá a cita inaugural do Campionato Galego de Rallies do 2024
1 Mar 2024
A Provincia da Coruña xa ten data para a 28 edición do Rally da Coruña. A cita automovilística celebrárase entre o 15 e o 17 de marzo con percorridos en diferentes Concellos da provincia.
One Seven Racing é o encargado de organizar o evento en colaboración coa Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia. Segundo informa o organizador o Rally arrincará na cidade da Coruña e contará cunha etapa dividida en catro seccións, á espera de que nos vindeiros días se publique o itinerario.
Na organización do evento deportivo, que suporá o a cita inaugural do Campionato Galego de Rallies, participan tamén o Concello de Culleredo, o de Aranga, o de Arteixo, o de Coirós, o de Oza-Cesuras, o de Cerceda e o da Coruña.