O PSOE denuncia a falta de barreiras arquitectónicas no Alto de Arteixo
O grupo municipal socialista denunciou no pleno de xullo os problemas de accesibilidade no Alto de Arteixo según a demanda dunha veciña da Fonte da Horta e solicitou un percorrido sen barreiras arquitectónicas para a veciñanza con problemas de mobilidade ou con carriños de bebé.
O portavoz do grupo socialista, Martín Seco, explica que o rogo está motivado nesta ocasión pola denuncia dunha veciña da Fonte da Horta con problemas de mobilidade, pero que afecta a toda a veciñanza do Alto de Arteixo, especialmente aos que teñen que desprazarse en cadeira de rodas. Seco sinala que, como lles relata esa veciña, “están atrapados no seu fogar” porque non poden saír polos seus propios medios “sen xogarse a vida no intento”.
Os socialistas manifestan que hai anos que veñen denunciando esta situación pero que “mentras o goberno local convoca concursos para saber que facer coa travesía, a veciñanza segue cos mesmos problemas desde que chegou o PP ao goberno do Concello”.
“Esta é unha das probas dos 13 anos de inoperancia do goberno de Calvelo” insiste Martín Seco,polo que instan ao grupo de goberno a levar a cabo todas as iniciativas necesarias para establecer un percorrido accesible e seguro para a veciñanza do Alto de Arteixo.