O PSOE de Oleiros agradecen o apoio da cidadanía e critican a xestión do Goberno municipal

Os socialistas de Oleiros quixeran agradecer ás veciñas e veciños que lles deron a súa confianza, xa que consideran que a súa valoración reflicte un coñecemento real das súas propostas. En palabras do portavoz local, “seguiremos traballando para que nos coñezan mellor a nós e as nosas propostas de modernización, aire fresco e apertura de ventás, que tanta falta fan neste Concello”.
Desde o grupo socialista, cuestionan a valoración do Goberno municipal, que presentou como un éxito o resultado das súas políticas. Para os socialistas, este éxito é, en realidade, un fracaso. "Suposto éxito" que, segundo indican, se limita a cubrir as necesidades dun número de veciños menor ao que se prevía. “Se só se cubren as enquisas por parte de 6.680 veciños que votaron á AAVV en 2023, como indican, isto non é un éxito, senón un reflexo de que a maioría da cidadanía non está satisfeito coas políticas actuais", subliñan.
Para os socialistas, a veciñanza está “farta de declaracións altisonantes” e lamentan que o Goberno municipal, encabezado pola AAVV, se limite a “botar balóns fóra cando hai problemas”. Critican a falta de resposta ante as necesidades reais do municipio e a política de “construccións e máis construccións” que, segundo afirman, está deteriorando a calidade de vida, a mobilidade e os servizos públicos.
Un dos puntos máis críticos dos socialistas é a contradición do Goberno municipal, que, por unha banda, anuncia medidas simbólicas como a colaboración no apagado das luces durante a Hora do Planeta e, por outra, suprime a única liña de transporte municipal, baseándose en criterios "puramente económicos". Segundo os socialistas, esta decisión afecta directamente aos veciños que viven nas proximidades de vías congestionadas, aos que lles resulta cada vez máis difícil soportar a contaminación.
Finalmente, os socialistas indican que a falta de acción efectiva no ámbito ambiental, como a falta de investimentos en enerxías renovables, e a política de medidas superficiais e demagógicas son, ao seu xuízo, unha das principais causas dunha "baixa participación" nas últimas eleccións municipais.