O PSOE de Oleiros acusa ao alcalde de cargar ao Concello 1,28 euros polo seu disfrace de Entroido

O Grupo Municipal Socialista de Oleiros denunciou que o alcalde Ángel García Seoane cargou unha factura de 1,28 euros ás arcas municipais por concepto de “gastos de disfraz” durante o pasado Entroido. A formación considera este feito unha mostra de "mezquindade" impropia dun representante público e critica que se obrigue ao persoal funcionario a tramitar un gasto menor que, aseguran, “xera máis custes administrativos que económicos”.
Durante o último pleno municipal, os socialistas preguntaron ao rexedor sobre a devandita factura. Cuestionan se esa participación no Entroido se fixo como representante institucional —o que podería xustificar o gasto— ou como particular, no que caso que consideran que debería asumir el persoalmente ese custe, “como por certo fan todos os demáis veciños, e como ademáis fan todos os demáis alcaldes da contorna”.
Desde o PSOE afirman que “Que alguén se molle rozando a prevaricación ao cargar gastos propios a unha instituación por valor de 1,28 euros non é doado, so está ao alcance de moi poucas persoas, unha o alcalde de Oleiros”, e engaden que “Alguén que non dubida en actuar de maneira tan mezquina, miserable e ‘agarrada’ por 1,28 euros, comportandose así cos poucos, que non fará con outras cousas de máis entidade?”
A formación lembra ademais que “por riba cobrando entre Concello e Deputación máis de 90.000 euros ao ano”, polo que consideran o feito aínda máis grave e inexplicable. Aseguran que non recibiron unha resposta axeitada por parte do alcalde no pleno e insisten en que este tipo de prácticas erosionan a confianza veciñal na xestión pública.