O PSOE de Oleiros acusa a Alternativa dos Veciños de bloquear o control da oposición

A Agrupación Socialista de Oleiros acusa a Alternativa dos Veciños de dificultar o labor de control da oposición e critica duramente o que cualifican como “xestión decadente e reflexo dun proxecto esgotado”.
Segundo denuncian os socialistas, “afrontamos o próximo pleno agardando a que se convoque porque é cando nos dan acceso aos expedientes que permiten fiscalizar a súa xestión decadente e reflexo dun proxecto esgotado que, agás formigonar e buscar enemigos imaxinarios, xa non ten xa moito que aportar”.
Sobre o comportamento do alcalde, o PSdeG asegura que se atopa “en estado de noqueamento permanente” e dedícase “estes días as súas teimas de prostitución nas vivendas turísticas ou de busca constante dun enemigo exterior para escenificar o seu show e aparecer como o heroe redentor que salva ao seu pobo”.
Acusan ao Goberno local de molestarse pola súa acción de control: “Como facemos unha boa fiscalización e propoñemos con ideas frescas están tan molestos con nós”.
Tamén apuntan ao funcionamento dos plenos como forma de limitar a acción da oposición: “Cada vez Alternativa dos Veciños traía cada vez menos asuntos ao Pleno, é un xeito de dificultar o labor de control da oposición, e retardar as convocatorias tamén”. Critican, ademais, que “o Pleno de febreiro xa foi extraordinario impedindo así o debate de mocións, rogos e preguntas da oposición, e este vai pola mesma liña ao incumprir plazos”.
Sobre a estratexia de Alternativa dos Veciños, conclúen que “obviamente a AAVV non lle interesa falar dos temas no que o Concello ten plena competencia e nos que a súa xestión é un fracaso, prefire entreternos ca Xunta, o Estado ou concellos limítrofes”.
Por último, reflexionan sobre a situación política local: “A xente está cada día máis farta de demagoxia e de populismo, esixe xestión e non a recibe, ao noso xuízo, é un dos motivos da baixa participación na recente enquisa do alcalde”.