O PSOE de Arteixo propón reforzar a limpeza de fincas próximas a vivendas

ACoruñaXa
O grupo municipal solicita inspeccións áxiles e mecanismos de actuación en caso de incumprimento
ARTEIXO limpeza
12 Aug 2025

O Grupo Municipal Socialista de Arteixo presentará no próximo pleno unha proposta para impulsar a inspección e limpeza de parcelas situadas preto de vivendas, tanto en contornas urbanas como rurais. A iniciativa busca mellorar a prevención de lumes e manter en bo estado estas zonas para evitar problemas de salubridade.

Segundo explica o voceiro socialista, Martín Seco, a lexislación vixente xa establece a obriga de manter as fincas libres de maleza e residuos. Ademais, lembra que o Concello conta cun convenio coa FEGAMP e a Xunta de Galicia, a través de SEAGA, que recolle os procedementos para levar a cabo estas tarefas. Tamén o Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, aprobado en 2024, contempla a identificación das parcelas que deben estar incluídas nas faixas de xestión da biomasa.

A proposta inclúe realizar inspeccións rápidas, comunicar os requirimentos correspondentes e, se fose necesario, aplicar as medidas previstas para que as fincas manteñan o estado axeitado.

⚙ Configurar cookies
0.1742639541626