O PSOE de Arteixo pide un informe sobre as condicións laborais do servizo de recollida de lixo

O PSOE de Arteixo insta no pleno ao Goberno local a elaborar un informe sobre as condicións laboráis do persoal do servizo municipal de recollida de lixo en Arteixo que leva meses denunciando o sindicato CIG.
O portavoz do grupo municipal socialista, Martín Seco, expón que según o sindicato a planificación horaria non cumpre co establecido no estatuto dos traballadores, que hai unha carga excesiva dos camións que sobrepasaba o establecido legalmente e que entran dentro das instalacións de empresas privadas incumprindo a normativa existente.
Seco tamén demanda información sobre a participación na recollida do concelleiro responsable do servizo sen os equipos de protección individual axeitados, e sobre a apertura dun expediente de gravidade a un delegado sindical “por unhas supostas agresións das que non sabemos se hai probas”.
O sindicato CIG levou a cabo mobilizacións pola situación que estaba a vivir o persoal do servizo de recollida do lixo do concello para demandar que non se está a cumprir coa legalidade nos horarios, que a recollida se facía sen cumprir as condicións de seguridade esixidas por lei e que existía unha persecución dos seus delegados.
“Se isto é así, é moi grave que desde unha institución pública non se respecten os dereitos laborais e sindicais do persoal” indica Seco, por iso “pedimos ao goberno local que faga un informe sobre as condicións laboráis do persoal do servizo municipal de recollida de lixo en Arteixo” para poder rematar coas irregularidades que denuncia o sindicato.