O PSOE de Arteixo levará ao pleno o apoio á redución da xornada a 37,5 horas semanais

ACoruñaXa
A moción deféndea como un avance en conciliación, saúde laboral e produtividade e pide instar o Congreso a retomar a tramitación
ARTEIXO reducción jornada
25 Sep 2025

O Grupo Municipal Socialista de Arteixo presenta no pleno deste mes unha moción para que o Concello se sume ao respaldo da redución da xornada laboral a 37,5 horas semanais. A iniciativa cualifícase como un avance histórico en dereitos sociais e laborais, con impacto directo na conciliación, na saúde no traballo e no benestar da veciñanza.

O portavoz socialista, Martín Seco, subliña que a medida responde ás transformacións tecnolóxicas e produtivas que permiten organizar o tempo de maneira máis eficiente. Engade que hai ámbitos —como a educación, a administración pública ou certos servizos financeiros— nos que xa se aplican cadros horarios reducidos sen perda de rendemento, e que a evidencia dispoñible apunta a melloras de produtividade por persoa.

A moción solicita que o Pleno de Arteixo manifeste apoio á tramitación lexislativa da xornada de 37,5 horas e que se traslade o acordo aos grupos con representación no Congreso dos Deputados, co obxectivo de reabrir o debate e atender unha demanda que, segundo os socialistas, beneficiará tanto ás persoas traballadoras como ás empresas.

⚙ Configurar cookies
0.084773063659668