O PSdeG-PSOE de Ordes pide aclaracións polo uso de medios municipais na preparación dun acto do PP no Campomaior

ACoruñaXa
Os socialistas aseguran que o día anterior ao 'Cocido Popular' se empregaron un camión, mobiliario e persoal vencellado ao Concello para descargar material no pavillón municipal
ORDES pp campomaior
1 Mar 2026

O PSdeG-PSOE de Ordes fixo pública este sábado unha denuncia na que solicita explicacións ao alcalde e ao goberno municipal polo uso de recursos do Concello na organización do 'Cocido Popular' do Partido Popular, celebrado hoxe no Pavillón Campomaior, unha instalación de titularidade municipal.

Segundo a versión trasladada polos socialistas, na tarde de onte puideron comprobar como se empregaba o camión municipal, xunto con mobiliario e persoal vencellado ao Concello, para descargar material no recinto co obxectivo de preparar un acto que cualifican de carácter partidista.

O grupo municipal do PSdeG-PSOE considera que a utilización de medios públicos debe aterse a criterios de legalidade, transparencia e igualdade, e engade que estas tarefas se realizaron mentres no interior do pavillón había actividade extraescolar con menores. Por iso, reclama que se aclare baixo que autorización se dispuxo deses recursos e pide respostas inmediatas sobre o ocorrido.

0.12524914741516