O PSdeG de Oleiros responde sobre a xustificación dunha subvención municipal

ACoruñaXa
O grupo denuncia o uso partidista dos recursos municipais para tratar de desacreditar á oposición
Casa do Concello de Oleiros
7 Mar 2025

O PSdeG de Oleiros traslada que o Concello publicou recentemente nas súa redes sociais unha afirmación de claro uso partidista do espazo público, na que acusa ao PSdeG de non xustificar o destino de 18.594,94 euros recibidos na pasada lexislatura.

Desde o PSdeG de Oleiros, queren aclarar que a asignación foi debidamente xustificada conforme ao establecido pola lei, detallando o uso deses fondos. "O Concello, pola súa parte, fai unha interpretación distinta da norma, o que nos levou a presentar o caso ante a xurisdición contencioso-administrativa. O xuízo celebrouse o pasado 25 de febreiro e, ata o momento, estáse á espera da sentenza", indican os socialistas.

Como consecuencia desta interpretación do Concello, manifestan, o PSdeG de Oleiros leva case dous anos sen recibir a subvención municipal para gastos vinculados á súa actividade política, dereito que lle corresponde. "A pesar dos obstáculos impostos, seguimos a facer unha oposición seria e rigorosa en defensa dos cidadáns de Oleiros, algo que parece incomodar ao alcalde e aos seus concelleiros", afirman.

Desde o PSdeG de Oleiros reafirman o noso compromiso coa transparencia e co cumprimento da legalidade, e denuncian o uso partidista dos recursos municipais para tratar de desacreditar á oposición.

 

⚙ Configurar cookies
0.04271411895752