O PSdeG de Oleiros denuncia a mala xestión da auga por parte de Alternativa dos Veciños

ACoruñaXa
O grupo socialista exixe ao Concello un plan de renovación integral das tuberías de abastecemento e saneamento
Imaxe da casa do Concello de Oleiros
28 Apr 2025

O PSdeG de Oleiros denuncia a xestión negligente da auga realizada por Alternativa dos Veciños (AAVV), que está a supoñe, segundo indican, un gasto innecesario para a veciñanza, especialmente debido ao descontrol nas fugas de auga que está a provocar un aumento das tarifas.

Traslada o grupo socialista que segundo o informe do exercicio 2024 do Interventor, que confirma o mal xestionamento de AQUAOLEIROS, a contabilidade evidencia que "hai un desequilibrio que está a corrixirse en 2025 polo efecto do incremento das tarifas aprobadas para este ano". Isto implica que as fugas de auga, un problema estrutural no municipio, son compensadas cun incremento nas tarifas, o que afecta directamente aos veciños e veciñas.

Ademais, o PSdeG denuncia que, pese a ser un problema prioritario, as obras para mellorar a rede de abastecemento só se orzamentan con 1,37 millóns de euros, dos cales a Deputación de A Coruña achega 1,1 millóns. A formación socialista sinala que unha gran parte da rede de abastecemento está composta por tuberías de fibrocemento, un material canceríxeo que data de varias décadas, e que as roturas supoñen a entrada de máis contaminantes na auga que consumen os veciños, un feito que non se está a priorizar a pesar do risco para a saúde pública.

"Non hai xiro nestas obras porque non se ven e non dan votos", critica o PSdeG, que tamén lembra que, tras un ano de denuncias e despois de acceder ás actas de AQUAOLEIROS, se confirma que un tercio da auga comprada a EMALCSA se perde debido a fugas non facturadas. Estas fugas supoñen un custe de 400.000 euros anuais, di a formación socialista.

O informe, segundo expón, tamén revela que, a pesar das denuncias, o control das perdas de auga só chega ao 68 % da rede. O Concello de Oleiros, a pesar de reaccionar tras as queixas, continúa a mentir ao asegurar que se investirán 4,2 millóns de euros en 2025, cando no orzamento real só se destinan 1,37 millóns. "Primeiro culparon ao xerente, despois botaron a culpa aos técnicos. Pero as actas deixan claro que se impediu aos técnicos realizar melloras na rede, como a instalación de contadores e a sectorización das tuberías, o que impediría saber onde están as fugas", engaden.

Por todo isto, o PSdeG exixe ao Concello un plan de renovación integral das tuberías de abastecemento e saneamento, priorizando a substitución das que sexan de fibrocemento e garantindo que as obras se realicen de maneira eficiente e coordinada, sen fragmentar os proxectos en pequenas intervencións. A formación socialista tamén pide que estas obras se doten económicamente de maneira axeitada para garantir a saúde pública e a eficiencia no servizo de abastecemento de auga.

"É hora de que o Concello de Oleiros actúe con responsabilidade e poña fin á ineficiencia e descoido na xestión do servizo de auga", remata o PSdeG.

⚙ Configurar cookies
0.12008500099182