O proxecto Marmiño suma unha nova xornada en Miño para activar o emprendemento colaborativo ligado ao mar

ACoruñaXa
A primeira sesión celebrarase o venres 6 de febreiro, de 10.30 a 12.30 horas, na Casa do Pescador
MIÑO marmiño
31 Jan 2026

O programa Espazo Gastronómico Marmiño volve coller pulo cunha nova convocatoria centrada en crear sinerxías e impulsar iniciativas compartidas no eido pesqueiro. A actividade, promovida polo Concello de Miño, inscríbese no proxecto ‘Miño emprende no Mar: artesanía alimentaria e transformación do produto pesqueiro’, financiado con apoio do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca y Acuicultura.

A proposta articúlase en dúas xornadas de traballo colaborativo que dan continuidade aos obradoiros realizados en 2025 e que agora buscan dar un paso máis: favorecer que as persoas interesadas en emprender poidan coñecer ferramentas e modelos cooperativos para transformar recursos locais e xerar actividade económica.

A primeira das sesións desenvolverase na Casa do Pescador e estará dedicada a afondar no funcionamento de Daquí Darredor, unha iniciativa de transformación alimentaria baseada na cooperación e no aproveitamento do produto de proximidade. O proxecto está impulsado polo Concello de Brión, coa participación da Diputación de A Coruña e do GDR Terras de Compostela.

Coa continuidade de ‘Miño emprende no Mar’, o Concello pretende reforzar a creación de emprego e a cultura emprendedora, apostando tamén pola diversificación das actividades das persoas traballadoras do mar. A finalidade é que adquiran competencias na transformación do produto pesqueiro e que, ao mesmo tempo, os recursos mariños gañen valor engadido a través de novos procesos e formatos.

⚙ Configurar cookies
0.077543020248413