O programa 'EducaCulleredo' trae aos cativos á Dragona Ramona no CRA de Culleredo
ACoruñaXa
O obxectivo prioritario é fomentar a lectoescritura e o coñecemento das bibliotecas municipais entre as máis pequenas e pequenos
17 Abr 2024
O Concello de Culleredo comezou hoxe unha nova actividade do programa 'EducaCulleredo' coa Dragona Ramona no Colexio Rural Agrupado de Culleredo.
O obxectivo prioritario é fomentar a lectoescritura e o coñecemento das bibliotecas municipais entre as máis pequenas e pequenos do concello.
Nestas actividades participarán tamén a cativada das Escolas Infantís A Tartaruga, O Burgo e Fonte da Balsa; CPR A Ponte Pasaxe e os CEIP Vila de Rutis, Sofía Casanova, Isaac Díaz Pardo, Tarrío e Ría do Burgo.
A tenente de alcalde e concelleira de Educación, Cristina Pardo, acompañou ás pequenas e pequenos no inicio da actividade.