O programa ‘De Baile en Baile’ leva este sábado a festa para maiores á Casa do Pobo de Nós

ACoruñaXa
A cita será o 24 de xaneiro, de 17.00 a 20.00 horas, coa música do Dúo Crazy e un novo servizo de recepción e acompañamento para as persoas participantes
OLEIROS baile nos
20 Jan 2026

O Concello de Oleiros continúa esta fin de semana co programa ‘De Baile en Baile’, unha iniciativa cultural e de convivencia dirixida ás persoas maiores que se consolida como proposta de ocio activo e encontro social nas parroquias. A actividade desenvólvese os sábados pola tarde e vai rotando polas distintas casas do pobo do municipio.

A próxima sesión celebrarase este sábado 24 de xaneiro na Casa do Pobo de Nós, situada na Praza da Liberdade. O baile desenvolverase entre as 17.00 e as 20.00 horas e estará amenizado polo Dúo Crazy.

Como novidade nesta edición, o Concello incorpora un servizo de recepción e acompañamento das persoas asistentes, co obxectivo de dar apoio ante calquera circunstancia que poida xurdir durante a xornada.

⚙ Configurar cookies
0.077544212341309