O PPdeG esixe ao Goberno explicacións polo achado de bidóns radioactivos fronte á costa galega

GaliciaXa | AMariñaXa | ACoruñaXa
Os deputados populares cuestionan se o Consello de Seguridade Nuclear foi consultado
ppdeg-congreso
27 Jun 2025

Os deputados do PPdeG no Congreso solicitaron información ao Goberno central tras coñecerse que unha expedición científica francesa localizou un milleiro de bidóns con material radioactivo en augas profundas fronte á costa de Galicia. A través dunha serie de preguntas dirixidas aos ministerios de Ciencia, Asuntos Exteriores e Transición Ecolóxica, reclaman aclaracións sobre este asunto “de enorme sensibilidade para a poboación e de posible afectación directa á calidade ambiental do medio mariño, a seguridade alimentaria (pola súa relación coa actividade pesqueira) e a saúde pública”.

Os deputados populares cuestionan se o Consello de Seguridade Nuclear foi consultado, dado que é o organismo estatal encargado da seguridade radiolóxica, e se o Goberno solicitou información técnica adicional, coordinouse coas autoridades francesas ou activou protocolos para o seguimento e prevención deste posible vertido histórico.

A deputada Rosa Quintana, portavoz de Pesca do Grupo Popular, declarou: “Necesitamos saber que coñecemento e grao de implicación tiña o Goberno desta investigación francesa, que repercusións pode ter e que medidas se teñen adoptado para facer un control sobre os resultados que se obteñan da mesma”, agardando “unha resposta rápida, contundente e precisa que tranquilice a toda a poboación galega”.

Ademais, Quintana expresou a súa “sorpresa” por coñecer esta noticia polos medios de comunicación e non a través do Goberno: “Gustaríanos ter coñecido esta noticia canto menos impactante a través do Goberno de España e non por unhas entrevistas feitas a uns investigadores franceses sobre o que está sucedendo en augas españolas”.

⚙ Configurar cookies
0.16652894020081