O PP reúnese con cooperativistas de Xuxán para apoiar a promoción de vivendas protexidas

O portavoz do Grupo Popular no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo, xunto co concelleiro e parlamentario Roberto Rodríguez e a deputada Tristana Moraleja, mantiveron recentemente unha reunión cos cooperativistas de Xuxán co obxectivo de coñecer as últimas novidades sobre o proxecto e reiterar o apoio do Partido Popular. Durante a xuntanza, tamén informaron de que o PP presentou iniciativas similares á moción aprobada onte no Pleno, tanto no Parlamento de Galicia como no Congreso.
A moción aprobada instaba ao Goberno do Estado, a través do ICO, a garantir que a financiación proposta permita acceder a unha vivenda a un prezo accesible, subliñando o carácter social da promoción das 224 vivendas protexidas en alugueiro que se están a construir en terreos cedidos pola Xunta. O PP trasladou ao Pleno, ao Parlamento e ao Congreso a preocupación dos cooperativistas, para os que as cotas actuais son inasumibles.
"Queremos garantir que as persoas que están traballando no proxecto poidan acceder a vivendas a prezos razoables. As cuotas que se lles piden agora son insostibles", explicou Lorenzo, que destacou que a falta de acceso á vivenda é unha das maiores preocupacións tanto a nivel nacional como local. A crise no acceso á vivenda, sumada á falta de oferta e á retirada de moitos pisos do mercado por falta de seguridade xurídica debido á nova Lei de Vivenda, fai que a vivenda se converta nun ben difícil de alcanzar para moitas familias e mozos.
No mesmo sentido, o PP puxo en dúbida a efectividade das chamadas "zonas tensionadas" no acceso á vivenda. Na súa intervención no Pleno, o PP preguntou que consecuencias terá a declaración de zona tensionada na cidade, recordando que onde se impuxeron este tipo de medidas, como en Vigo, gobernada tamén polo PSOE, a oferta de vivenda no mercado reduciuse, o que fixo que os prezos aumentasen.
"En A Coruña hai 30.000 vivendas vacías, segundo o INE. Sen embargo, non se está a tomar ningunha medida efectiva para poñer estas vivendas no mercado. O que temos son zonas tensionadas, que son un fracaso absoluto", concluíu Lorenzo, que pediu ao goberno local que actúe para solucionar a falta de oferta e mellorar o acceso á vivenda.
A situación da vivenda en A Coruña segue a ser unha das prioridades para o PP, que continúa a traballar en medidas que faciliten o acceso á vivenda para os cidadáns, especialmente para as familias e os mozos, sectores particularmente afectados pola crise de accesibilidade no mercado inmobiliario.