O PP presenta alegacións á ordeanza de praias de A Coruña

ACoruñaXa
O grupo Popular propón medidas de accesibilidade e horarios para animais domésticos
A CORUÑA pp medidas praias
21 Aug 2025

O Grupo Popular de A Coruña presentou alegacións á ordeanza de praias aprobada por PSOE e BNG, criticando que “non recolle as características propias da cidade nin os tempos actuais”. Segundo explican, a normativa podería mellorar para adaptarse ás necesidades de distintos colectivos que utilizan as praias durante todo o ano.

Entre as medidas propostas destacan a accesibilidade universal, coas que se buscan garantir rampas e pasarelas accesibles, itinerarios seguros, superficies antideslizantes, vestuarios e aseos adaptados, zonas de sombra reservadas, sinalización adaptada e apoio no acceso ao mar para persoas con discapacidade. Tamén se recomenda formar ao persoal e realizar auditorías periódicas para identificar posibles barreiras.

En relación á presenza de animais domésticos, propoñen permitir a circulación ou permanencia de cans entre as 22.00 e as 10.00 horas durante o verán. Destacan que limitar o acceso a unha única cala é insuficiente nunha cidade con máis de 32.000 cans censados, e que ampliar horarios sería coherente co concepto de cidade Pet Friendly.

As alegacións forman parte do proceso de participación cidadá na ordeanza, co obxectivo de que o regulamento sexa máis inclusivo e adaptado ás necesidades da veciñanza, mantendo un equilibrio entre distintos usuarios das praias.

⚙ Configurar cookies
0.3149299621582