O PP de Sada avanza na organización dun simulacro do proxecto de renaturalización do Río Maior

A portavoz do Partido Popular e o alcalde de Sada mantiveron unha reunión de máis de tres horas o pasado luns 10 de marzo pola tarde para avanzar nos pasos a seguir na organización dun simulacro vinculado ao proxecto de renaturalización do Río Maior, impulsado por 'Augas de Galicia', co obxectivo de minimizar o risco de inundacións no municipio. No encontro participou también o concelleiro de Obras e Servizos.
A petición do Partido Popular, o Goberno local presentou unha proposta de acordo que, despois de introducir algún axuste nunha próxima reunión, será levada a pleno para aprobar os termos de contratación da obra, incluído o simulacro.
Desde o Partido Popular celebran este avance, xa que, aínda que confían no proxecto de 'Augas de Galicia', consideran que a realización dun simulacro axudará a minimizar posibles problemas e achegar máis información para garantir a máxima eficacia desta necesaria actuación.