O PP de Oleiros cuestiona os prometidas “investimentos millonarios” para solucionar os problemas de auga en As Pedreiras

O PP de Oleiros denuncia “a despreocupación polo mantemento de todas as infraestruturas do Concello por parte do goberno de Oleiros”, que xera “inmensas cantidades de metros cúbicos de auga que cada ano se perden polas roturas da rede municipal de abastecemento”.
“Trátase dunha rede obsoleta no seu deseño e nas súas dimensións, xa que apenas se modificou a pesar de se cuadruplicar a poboación de Oleiros nas últimas décadas”, declarou a portavoz municipal do PP, Loli Silva, “co agravante do desperdicio dun ben tan prezado como a auga, cun custo de medio millón de euros por exercicio e que son soportados e pagados na última instancia por todos os veciños”.
O Partido Popular de Oleiros levou este asunto ao último Pleno do concello, ao producirse dúas roturas diferentes en As Pedreiras en menos dun mes. O orzamento tras a última avaría contemplaba a reposición de toda a tubería do tramo, polo que “resulta inconcibible a frecuencia coa que acontecen estas incidencias. ¿A que espera o concello para levar a cabo esta actuación?”, pregúntase Loli Silva.
“A resposta obtida polo alcalde no Pleno foi que van a facer investimentos millóns na zona”, din os populares, pero insisten en que continuarán facendo presión “ata que o alcalde cumpra co seu deber e solucione o problema de abastecemento en As Pedreiras, As Tinajas, Lamastelle e en tantos outros puntos do concello e os veciños de Oleiros disfruten da normalidade mínima que se pode esixir nun tema tan básico como o subministro de auga”.
A portavoz popular asegura que “desconfiamos das promesas do alcalde sobre investimentos millóns en abastecemento, cando se está comprometendo un terzo do orzamento municipal en cuestións nin necesarias nin urxentes e se raquea en algo tan elemental como a auga.”