O PP de Oleiros critica a recalificación de terreos en Bastiagueiro e a xustificación do Concello

O Partido Popular de Oleiros criticou as intencións do Concello de realizar modificacións puntuais no PXOM nas inmediacións de Bastiagueiro. O obxectivo declarado é evitar "usos indesexados", pero para o PP, esta xustificación roza o sarcasmo.
"Agora vai resultar que o feito de recalificar solo rústico faise para evitar 'malos usos', o que supón na práctica vía libre para 'alicatar' a zona", manifestou Loli Silva, portavoz municipal do Partido Popular. "Cando é precisamente coa recalificación coa que se consegue multiplicar o prezo do terreo, nada máis e nada menos que en Bastiagueiro", engadiu.
O Partido Popular levará este asunto ao Pleno do Concello e pedirá explicacións ao alcalde sobre as verdadeiras razóns e motivos que xustifican esta modificación. Silva tamén quixo saber quen ou quenes se beneficiarán dunha maniobra que o PP considera especulativa e escandalosa. "Vai ter que aclarar esta recalificación de rústico a comercial, estando onde está", concluíu a portavoz do Partido Popular.